Friday 29 de March de 2024

O Concello réndelle unha homenaxe ao contrabaixista Serguèi Rechetilov na súa xubilación


A alcaldesa, Inés Rey, e parte da corporación recibírono hoxe no salón de plenos nun acto de agradecemento en que se recordou a súa calidade humana e profesional

A alcaldesa, Inés Rey, e representantes da corporación, recibiron este mediodía no salón de plenos ao contrabaixista da OSG, Serguèi Rechetilov, para homenaxealo pola súa xubilación. A rexedora lembrou que a Sinfónica de Galicia ten cumprido un ciclo moi relevante, do que o profesor Rechetilov foi protagonista excepcional ao contrabaixo e sinalou que desde aquel concerto público, en maio de 1.992, o primeiro en que participou, Serguèi Rechetilov actuou coa formación en Emiratos Árabes, Alemaña, Austria, Arxentina, Brasil e por toda España. Rey engadiu que non era unha despedida e animouno a que seguira desfrutando da vida e da música intensamente. Por último, entregoulle unha Torre de Hércules de Sargadelos e unha gorra nun acto en que asistiron familiares do músico e o xerente da OSG, Andrés Lacasa, e que acabou cunha foto de familia.